Centro de Acústica e Servizos de Telecomunicacións



Ofrecémosche as mellores solucións en Acústica e Telecomunicacións

Servizos Acústica


Edificación

Asesoría sobre o documento de protección fronte ao ruído DB-HR: A nosa empresa proporciona consultoría técnica para o cumprimento do Código Técnico de Edificación (CTE) en protección fronte ao ruído (documento DB-HR).

Realizamos todo o necesario para adecuarnos ao texto:
- Follas xustificativas e documentación necesaria para incluír no proxecto do arquitecto.
- Ensaios de illamento acústico in situ.
- Certificacións.
- Seguimento de obra.
- Cálculos.

Insonorización

Realización de proxectos que tratan problemas adaptados ás circunstancias concretas do cliente, combinando a construcción tradicional con solucións innovadoras e novos materiais.

Deseño e acondicionamento acústico de recintos

Proxectos para obter unha acústica óptima adaptada ao uso da sala. Modelado 3D e simulacións acústicas por computadora do recinto. Ámbito: edificación residencial, auditorios, teatros, salas de feiras, hoteis, restaurantes, centros termais…

Medicións Acúticas

Medicións in situ: Ensaios de illamento acústico in situ. Análise de ruído e vibracións. Licenzas de actividade. Análise da calidade acústica da megafonía instalada. Análise da calidade acústica de recintos e salas.

Sonorizacións de recintos e salas

Asesoramento na instalación de sistemas electroacústicos, definición de microfonía, altofalantes e amplificación.
Cálculos acústicos do funcionamento do sistema mediante simulación.

Industria

Solucións para que o ambiente acústico dentro da propia empresa sexa o mais confortable posible mediante: Medicións da emisión de ruídos. Encapsulamento das fontes de ruído.


Ambiental

A Directiva Europea 2002/49/CE canalizada para España pola Ley del ruido (Ley 37/2003), esixe a avaliación dos niveis de ruído aos que están expostos os cidadáns mediante a realización de mapas de ruído e a regulación destes niveis establecendo plans de acción contra o ruído.

- Redacción e adaptación de ordenanzas Municipais segundo ás novas normativas.
- Mapas de ruído.
- Elaboración de proxectos.
- Cálculos mediante simulación por computadora.
- Medicións acústicas de ruído ambiental
- Plans de Acción: Desenvolvemento de proxectos. Asesoría técnica
Formación

Os ámbitos nos que Sonen imparte formación son:

- Cursos de formación en normativas e medicións de ruído.
- Cursos de formación a persoal técnico no DB-HR do CTE (documento de protección fronte ao ruído do código técnico de edificación).
- Cursos de análise e medición de ruídos para persoal de prevención de riscos laborais.
- Elaboración temarios e cursos específicos para realización de ensaios acústicos segundo a necesidade do cliente.

Servizos Telecomunicación


Proxectos ICT: Infraestrutura Común de Telecomunicacións

Proxectos obrigatorios na edificación  (R.D. 401/2003) e que contemplan unha instalación moderna e ordenada de toda a infraestrutura de telecomunicacións que hoxe albergan as edificacións.

Novas tecnoloxías e domótica

Aplicacións a centros residencias.
Adaptación a persoas dependentes.
Aforro enerxético.
Seguridade.
Comunicacións.


<